Día 23 de febreiro, sábado
Viaxe a Santiago
Para ver o Pórtico da Gloria
Saída ás 8,30 horas
Día 12 de febreiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Miguel Tain Guzmán, profesor titular de Historia da Arte da USC, que falará sobre "A historicidade das cinco policromías do Pórtico da Gloria".
Rabat e Salé están separadas polo río Bu Regreb; aquela, capital de Marrocos e esta, pequena como un soño, fundada arredor do s. X e sonada por ser efémera república de piratas xa no s. XVII.
Nº 3. RABAT
Rabat, a capital almohade (dinastía que goberna o país no s. XII e máis da metade do XIII) que tomou o nome de Ribat el-Fath (Campo da fe). Ribat fai referencia a un mosteiro fortificado. Coñecida xa de vello por ser porto fenicio e despois cartaxinés, Rabat ofrece o encanto da beleza diferente e ao mesmo tempo unha personalidade íntima e sosegada.
Tiñamos tempo escaso e veloz para Rabat, o que nos impediu ver unha morea de sitios interesantes. En Marrocos as comidas son rito inacabábel e isto acurta o tempo necesario para andar e ver e falar coa xente. Ou sentar nun banco calquera para observar o movemento da cidade. O xantar, polo tanto, resultou longo e teatral, con esa obsesión de impactar o turista. Unha guía, nova, despois, acompañounos polo Dar-al-Mahkzen ou Palacio Real, cariñosa e comunicativa, con algo de estudanta aplicada. Despois da porta monumental da entrada andamos pola explanada en cuxo centro se ergue, harmoniosa, unha mesquita coa súa madrasa e varios edificios administrativos.
Día 24 de xaneiro, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Manuel Antonio Castiñeiras González, profesor da Universidade de Barcelona, sobre "Pórtico da Gloria desde a perspectiva da Historia da arte".
Día 15 de xaneiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Ramón Yzquierdo Peiró, doutor en Historia da Arte pola USC e Director Técnico-Conservador do Museo da Catedral de Santiago, "Recuperando a fachada occidental da catedral de Santiago".
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 23 de febreiro, sábado, a Santiago de Compostela para ver o Pórtico da Gloria.
Día 15 de xaneiro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
De 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 23 de febreiro, sábado, a Santiago de Compostela para ver o Pórtico da Gloria.
A Asemblea será o día 15 de decembro, sábado, ás 12,00 horas en primeira convocatoria e ás 12,30 horas en segunda, na Galería Sargadelos, e ás 14 horas no Hotel Méndez Núñez o xantar, por terse celebrado en 1918 nese establecemento o banquete da I Asemblea das Irmadades da Fala. O xantar será servido pola Casa Grande de Nadela co seguinte menú:
Entrantes
Xamón de porco celta, pan de pobo e tomate natural
Empanada galega
Croquetas caseiras
Primeiro
Xarrete de tenreira galega ao viño mencia
Sobremesa
Filloas con mel e nata
Adega
Godello Lagar de Deuses, denominación de orixe Monterrei
Mencia Vía Romana, denominación de orixe Ribeira Sacra
Café e infusións
Cantará Pilocha e Lis Latas. Para apuntarse no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao teléfono 656 23 63 43 ata o día 5 de decembro. Prezo 30 €. Cobrarase no xantar. Se non reunimos 30 asistentes non se fai.
Mohamed, ou familiarmente, Tuqui, o guía, dedica hoxe as explicacións á historia de Marrocos e aspectos que caracterizan o Islam, de camiño a Assilah desde Tánxer, por autopista. Paisaxes movidas, por variadas, secas ou húmidas, verdes, cruzando os ued ou ríos, como o Lukos, que vén do Rif, ancho e azul cando nos achegamos xa á altura de Larache. O seu nome atráeme pola semellanza co noso Lugo (Lucus). Vense arreo invernadoiros dedicados a palmeiras ou fresas, e moito melón. Dominan as empresas españolas nestas explotacións, pois contratan mozos e mozas da zona sen respectar os seus dereitos laborais. Vense tamén, nas cidades, buses de transporte público da empresa Alsa.
Assilah tingue os nosos ollos de azul e graffitis variados que van aparecendo polas rúas estreitas de edificios brancos, produto do Festival Internacional ou Mussem da Cultura que se organiza cada ano aquí. A muralla portuguesa, do s. XV e XVI e a Torre que lembra a de Belém, son construcións harmoniosas e atractivas nas que traballou nesa época o arquitecto Diogo Boitaca, autor do mosteiro dos Xerónimos e da Torre de Belém. Casas e palacios van guiando o noso paseo. Chama o morabito branco de cúpula semiesférica verde ao pé dunha torre da muralla. E logo, perdémonos ao noso ar buscando a xente, os artesáns e os obradoiros, como ese forno no que o panadeiro cocía un pastel de leite ou os nenos e nenas saíndo da escola ou o grupo de mulleres cos característicos sombreiros de palla ; e sempre o zoco no que merco unha orixinal e fermosa alfombra amazigh de debuxos a xeito de conto infantil. Deixamos Assilah, con pena e co desexo de volver. Quizais a ansia polo regreso sexa máis forte aínda que cando se fai realmente. O maxín recréase nas sensacións, libre como un cabalo que se rebela a ser montado.
Día 24 de novembro, sábado
A viaxe a Santiago de Compostela tivo como finalidade facer a vista homenaxe ao Museo do Pobo Galego unha vez cumpridos os seus 40 anos de vida. Aproveitamos para ver no Museo da Cidade da Cultura a exposición "Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra", unha visita que foi guiada por Javier Raposo Martínez. Comezou comentando a foto da inauguración do cadro "A derradeira leición do mestre", dedicado ao fusilamento de Alexandre Bóveda na Caeira (Poio) o 17 de agosto de 1836, que tivo lugar no Centro Ourensán de Bos Aires o 17 de agosto de 1845, coincidindo co noveno aniversario do asasinato. A obra está baseada na estampa número 6 de Galicia Mártir que pintou Castelao cando xa estaba case cego.
Tamén hai os debuxos ou caricaturas, coas súas lendas, nas que Castelao defende un ensino público libre, universal e en galego. En realidade é unha homenaxe a máis de 900 mestres e mestras fusilados que pertencían ou seguían os métodos da Intistución Libre de la Enseñanza, na súa maioría republicanos e galeguistas.
Día 24 de novembro, sábado
ás 9 horas
Viaxe a Santiago de Compostela para a vista homenaxe ao Museo do Pobo Galego unha vez cumpridos os seus 40 anos de vida.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.